notícias musicais

top 13 artistas

top 13 musicas

Confira a Letra Dame lume

Fuxan Os Ventos

Dame lume

Dame lume, Xoana,
polo vertedeiro,
se non me conoces:
eu sonche o ferreiro.

Se tí é-lo ferreiro,
sube pró sobrado;
comerá-lo caldo
no medio ferrado.

No medio ferrado,
non-o quero nin vere
eu teño un canciño, larincuncún,
que xa me mantén!

E UN CANCIÑO NON HAI QUE QUEIRA
LARICUNCUN CORRE-LA FREIXEIRA!

Se tés un canciño
que xa te mante:
por qué me andas tentando
o meu procedere?!

O teu procedere,
xa o teño tentado;
ti por ben mo dabas,
e eu viña roubalo!

Se viñas roubalo,
íbalo sudare,
que no meu sobrado, laricuncún
tamén ladra un cán!

E UN CANCIÑO NON HAI QUE QUEIRA
LARICUNCUN CORRE-LA FREIXEIRA!

Tracker