notícias musicais

top 13 artistas

top 13 musicas

Confira a Letra Sonín vai

Fuxan Os Ventos

Sonín vai

Sonín vai e sonín vén
polo Carqueixedo
e adorméntame este neno.

Sonín vén e sonín vai
polo Carqueixal
pra este neno adormentar.

Este neno que teño no colo
é dun amor que se chama Vitorio.
Dios que mo deu levaramo logo
por non andar co Vitorio no colo.

E rorró, meniño ro
cunha tranquiña no cu
morrerán os demos todos
quedaremos eu e tu.

E rorró, meniño ro
cunha palliña na man
imos ir os dous á feira
cando o sol rompa a mañán.

E rorró, meniño ro
durme xa meu galopín
se non durmes no barrelo
durmirás cabo de min.

Tracker