notícias musicais

top 13 artistas

top 13 musicas

Confira a Letra Doces Soños

QFB

Doces Soños

Millor morto, que mal nacido
Millor xudas, que bendito
Nesta vida tes que espabilar
A lei da vantaxe tes que aplicar
Imos beber ata morrer
Na festa salvaxe que imos facer!
Pícalle ao demo con moita carraxe
Que a peña non o invitase!
Adiós ríos, adiós fontes!
Seguirán queimando os montes!
Ai jusé, jusé que ghosada!
Mira que mola esta foghata!
Un can perdigheiro tirado no monte
Anda tras túa, buscando a súa morte!
Vida salvaxe tes que escapar
Van a por ti, vante matar!

Andan tras túa as escuadras da noite
Escapa correndo estás á súa sorte

Maldito demo, énchete de medo
Maldito demo, pápate o cerebro
Maldito demo estase achegando

Durme meu neno, durme mamón!
Quizais mañá non saia o sol
Botan noticias no teu televisor
Ves a morte, e sentes pavor
Obuses milenarios cruzan as cidades
Rematando co destino da humanidade
Paxaros de lata sucando o ceo
Caghando bombas, a destro e sinistro!
A xente corre despavorida
Cara as súas casas que están destruídas!
Vendo isto, tiñas que chorar
Ti non te preocupas e cambias de canal
Ollos que non ven, socios da ONCE
Corazón que non sente, bátelle forte!
Chegou o terrorismo, rematou a túa sorte
E sobre as túas costas, a sombra dun voitre

O Maldito demo estate observando
Nas portas do inferno estate agardando

Maldito demo, énchete de medo
Maldito demo, pápate o cerebro
Maldito demo estase achegando

Discografia Tracker